O xurado dos X Premios Galicia á Xestión Deportiva, presidido por Eduardo Blanco Pereira, presidente de AGAXEDE e FAGDE, decidiu na súa reunión do pasado 9 de outubro premiar ás seguintes entidades. Devanditos galardóns entregaranse nunha gala que terá lugar o sábado 15 de novembro na Cidade da Cultura.
- PREMIO AO MELLOR XESTOR/A DEPORTIVO/A: Guadalupe Murillo Solís (Presidenta do Pontevedra C. F.)
- PREMIO AO MELLOR CONCELLO DE MENOS DE 15.000 HABITANTES: Concello de Curtis
- PREMIO Á MELLOR ENTIDADE PÚBLICA: Concello de Vigo
- PREMIO Á MELLOR ENTIDADE PRIVADA: Empresa Invernalia Ice Park
- PREMIO AO MELLOR ESTUDO OU INNOVACIÓN: Iván Caravel San Emeterio, pola elaboración do estudo "Modelo preditivo de baixas dun centro deportivo"
- PREMIO AO MELLOR PATROCINIO DEPORTIVO: Empresa Arenal (Lugo)
- PREMIO Á XESTIÓN SUSTENTABLE NO DEPORTE: Club " As vellas non paramos" (Betanzos)
- PREMIO Á XESTIÓN DEPORTIVA DE INTEGRACION SOCIAL: Servizo de Lecer de ASPRONAGA
- PREMIO Á MELLOR ACTIVIDADE OUPROGRAMA DEPORTIVO: III Street Games Coruña
- PREMIOS DE RECOÑECEMENTO ESPECIAL que a partir desta edición levarán o nome de "José Luis Salvador", fundador de AGAXEDE e que neste ano, cúmprese o X Aniversario do seu falecemento: Empresa Jim Sports, Carlos Negreira Souto (Ex-alcalde da Coruña), Empresa Xaniño.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026

























