Workshop Laboratorio de Formas. Con Sara Coleman

Sara Coleman pon en marcha no Gaiás o Workshop 'Laboratorio de formas. Tecido, forma e volumen', entendido como un laboratorio experimental de procesos téxtiles cun enfoque totalmente experiencial. Propón unha investigación sobre a forma a partir de diferentes técnicas téxtiles xaponesas de anudamento, retorcido e plisado.

Cun enfoque totalmente experiencial convidamos a todos aqueles interesados a pasar por esta experiencia de modelaxe téxtil en tres dimensións, que entende o tecido como material creativo e sensitivo que abre un novo campo para l experimentación.

PROGRAMA

  • Presentación. Dialogando entre disciplinas. O téxtil como interface.
  • Taller de experimentación:

       Volume e Forma. Modelado en 3D a través do téxtil.

      Técnicas de manipulación téxtil.

Relacións:

O téxtil no espazo.

O téxtil e o corpo.

 

Obxectivos:

  1. Realización de mostras de cada unha das técnicas.
  2. Desenvolvemento dunha peza.
  3. Prototipo.
  4. Desenvolver a capacidade creativa desde o propio material.
  5. Promover as sinxerías entre artistas, deseñadores e creativos de calquera rama que poida estar relacionada.
  6. Aprender e investigar técnicas e procesos creativos de transformación, de xeito que se poida enriquecer a experiencia do alumno e darlle as ferramentas necesarias para xerar relacións que lle axuden a fortalecer a súa propia linguaxe.
 
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
Ata 3 Mai 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
Convocatoria aberta
Do 9 de abril ao 8 de maio
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h