Sara Coleman pon en marcha no Gaiás o Workshop 'Laboratorio de formas. Tecido, forma e volumen', entendido como un laboratorio experimental de procesos téxtiles cun enfoque totalmente experiencial. Propón unha investigación sobre a forma a partir de diferentes técnicas téxtiles xaponesas de anudamento, retorcido e plisado.
Cun enfoque totalmente experiencial convidamos a todos aqueles interesados a pasar por esta experiencia de modelaxe téxtil en tres dimensións, que entende o tecido como material creativo e sensitivo que abre un novo campo para l experimentación.
PROGRAMA
- Presentación. Dialogando entre disciplinas. O téxtil como interface.
- Taller de experimentación:
Volume e Forma. Modelado en 3D a través do téxtil.
Técnicas de manipulación téxtil.
Relacións:
O téxtil no espazo.
O téxtil e o corpo.
Obxectivos:
- Realización de mostras de cada unha das técnicas.
- Desenvolvemento dunha peza.
- Prototipo.
- Desenvolver a capacidade creativa desde o propio material.
- Promover as sinxerías entre artistas, deseñadores e creativos de calquera rama que poida estar relacionada.
- Aprender e investigar técnicas e procesos creativos de transformación, de xeito que se poida enriquecer a experiencia do alumno e darlle as ferramentas necesarias para xerar relacións que lle axuden a fortalecer a súa propia linguaxe.
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Sábados do 18 Abr ao 16 Mai 2026
12.00 h


























