A Final Workshop, dirixido tanto ao sector público como privado, enmárcase no contexto do proxecto Life Siamec, que ten como obxectivo desenvolver un tratamento anaerobio de augas residuais a temperatura ambiente, permitindo obter, desta maneira, bioenerxía e auga reutilizable a un baixo custo operativo.
Ao longo da xornada, recollida baixo o título “Novos esquemas de tratamento: augas residuais como fonte de recursos”, expoñeranse os resultados alcanzados, tras o desenvolvemento da tecnoloxía, en diferentes climas – mediterráneo e atlántico – e sectores – urbano e industrial, respectivamente-.
Ademais, contarase coa presenza de diferentes institucións e empresas que achegarán diferentes visións no marco da investigación e a innovación destinadas á reutilización de augas residuais.
A inscrición neste Workshop é libre, polo que toda persoa interesada poderá inscribirse a través da seguinte ligazón: http:// bit. ly/2 Nsw9P9
























