WOMEX é a máis importante feira profesional de ‘world music’ do mundo, segundo a UNESCO. Inclúe músicas de raíz, folc, étnica, tradicional, alternativa e da diáspora. Vinte e unha edicións confirman o valor das redes a través das fronteiras, xa sexa musical, política, cultural ou comercial.
Desde 1994, WOMEX viaxou por toda Europa: desde Berlín (1994), pasando por Bruxelas (1995), Marsella (1997), Estocolmo (1998), Berlín (1999 + 2000), Rotterdam (2001), Essen (2002 + 2004) , Newcastle (2005), Sevilla (2003 + 2006 a 2008), Copenhague (2009-2011), Tesalónica (2012) a Cardiff (2013), Santiago de Compostela (2014) e Budapest (2015).
WOMEX 16 terá lugar en dous lugares arquitectónica e culturalmente únicos: a cidade histórica de Compostela e a Cidade da Cultura:
- Womex Day: Tradefair, films, premios, conferencias, networking... A feira profesional que reúne a máis de 2.000 delegados celebrarase no espectacular recinto do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Só para delegados inscritos no Womex 2016.
- Womex Night: DJ Summit, Films Screening e Showcases As actuacións repartiranse por diferentes recintos e prazas da cidade histórica de Santiago de Compostela: Praza da Quintana, Teatro Principal, Salón Teatro, Auditorio NovaGalicia Banco e Sala Capitol. Está aberto ao público xeral. Consulta o programa completo aquí























