Visitas especiais ás exposicións 'Valor e mestría' e 'Pensar coas mans' | Día dos Museos 2019

Con motivo do Día Internacional dos Museos (DIM), que este ano se celebra baixo o lema Os Museos como eixos culturais: o futuro da tradición, a Cidade da Cultura programa visitas comentadas especiais ás dúas exposicións que actualmente acolle o Museo Centro Gaiás e que enxalzan a nosa tradición como alicerce cultural e como valor de futuro da vangarda artística.

Visita comentada especial á exposición Valor e mestría. Galicia como fútbol, a mostra máis ambiciosa sobre o fenómeno do fútbol na nosa comunidade, tanto en percorrido histórico como en número de pezas: 300, das cales 200 son orixinais.

  • 11.30-12.30h. Visita comentada especial, guiada polo comisario da mostra, Rubén Ventureira
  • 18.30-19.30h. Visita comentada especial, guiada polo departamento de Educación, Mediación, Información e Asistencia ao Público do Museo Centro Gaiás

Visita comentada especial á exposición Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia. Un percorrido pola artesanía galega desde a Idade de Ferro á actualidade, que supón recoñecer nas novas xeracións a tradición, técnicas e materiais herdados dos nosos ancestros, que ademais de seren sinal de identidade diferenciador converten as creacións dos artesáns e artesás galegas actuais en tendencia no deseño e na moda contemporánea.

  • 12.30-13.30h. Visita comentada especial, guiada pola comisaria da mostra, Verónica Santos.
  • 17.30-18.30h. Visita comentada especial, guiada polo departamento de Educación, Mediación, Información e Asistencia ao Público do Museo Centro Gaiás

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
3 out 2026
De 17:00h a 22:30