Visita vehículos antigos

As persoas amantes dos vehículos clásicos poderán gozar esta fin de semana dunha reunión que trae a Santiago ata 30 coches, construídos entre a década dos 50 e a dos 80. A exposición é unha iniciativa organizada por Compostela Monumental en colaboración coa Asociación Amigos Terras do Incio, entidade que, entre outras actividades, leva a cabo diferentes rutas turísticas nas que participan condutores de coches clásicos de varios puntos de Europa, e que esta semana pasará por Compostela.

 

A colección poderá verse este venres de 13.30 a 18.30 horas na praza do Obradoiro, e o domingo día 6 de xullo, de 10.00 a 12.00 horas, na Cidade da Cultura.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta