Vilas en Flor Galicia 2019

Vilas en flor é un movemento que comezou no ano 2018 a iniciativa da Fundación Juana de Vega, Asociación de viveristas de Galicia (ASVINOR) e da Asociación galega de empresas de xardinaría (AGAEXAR) que aglutinan a máis de 100 empresas galegas. Trátase dun proxecto de carácter internacional (Francia-Villes et Villages Fleuris , Italia-Comuni Fioriti , Reino Unido-Britain in Bloom, Irlanda-Tidy Towns ou Canad-Communities in Bloom), apoiado pola Xunta de Galicia da man do Instituto de Estudos do Territorio que pretende pór en valor aos municipios galegos distinguindo a calidade dos espazos verdes. É unha iniciativa existente noutros países e comunidades (Cataluña, Aragón, Canarias e Valencia) cunha gran repercusión mediática (http://www.villasenflor.com).

Ao cinco concellos participantes da primeira edición -Allariz, Chantada, Caldas de Reis, Betanzos e Ortigueira- súmanse este ano outro once, Culleredo, Mondoñedo, Portomarín, Tomiño, Ponteceso, Salvaterra, A Guarda, Cuntis, O Carballiño, Gondomar e Baiona. O xurado realizou visitas técnicas a cada un destes concellos, co fin de analizar os criterios que puntúan neste certame e o venres día 22 entregaranse as flores de honra correspondentes.

As Flores de Honra son o distintivo que se concede anualmente aos municipios participantes, segundo o criterio dun xurado especializado formado por expertos de recoñecido prestixio no ámbito da paisaxe. Hai cinco niveles: dunha o cinco Flores de Honra.

Programa:

  • 10:00-10:30 h Recepción.
  • 10:45-11:15 h A infraestrutura verde como ferramenta de deseño urbano.
    Pedro Calaza. Doutor Enxeñeiro agrónomo e Doutor Arquitecto da paisaxe.
    Planificación e enxeñaría do territorio (PIT).
  • 11:20-11:50 h Biodiversidade funcional urbana: Estratexias para a conservación da fauna auxiliar.
    Lorena Escuer. Bióloga. Directora técnica de Hidrobiology.
  • 12:00:12:30 h Descanso
  • 12:30-13:00 h Criterios de selección de especies e cultivares ornamentais producidos en Galicia.
    María Isabel Igrexas Díaz. Doutora en CC. Biolóxicas. Profesora titular da EPS.
    Universidade de Santiago de Compostela.
  • 13:10- 14:00 h. Acto de entrega de galardóns.
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI