VIII D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo

O Encontro de Formación e Innovación en Circo D10!, organizado por Pistacatro produtora celébrase do 22 ao de novembro ao 7 de decembro de 2023. O evento pon o foco na formación, a investigación, a innovación e a exhibición de moi diversos formatos de circo en sala, así como no intercambio e a conversa entre compañías e artistas de todo o mundo. 

Os laboratorios deste oitavo encontro D10! terán lugar na Cidade da Cultura:

  • DPasso Lab, internacionalización e coopoeración transnacional. Taller de investigación artística e diálogo interprofesional en colaboración directa con La Grainierie & Nicanor de Elia. 22 a 26 de novembro de 2023.
  • Laboratorio «Do Físico ó Imaxinario» con Vivian Friedrich. Do 29 de novembro ao 3 de decembro de 2023.
  • Laboratorio «Deep Malabar ou Malabar Orgánico» Parte II con Stephan Sing. Do 4 ao 7 de decembro de 2023

Ademais, o encontro inclúe cafés-coloquios nos que se abordarán temas como a igualdade, a cuestión da idade como factor determinante ou non para o circo e os modos de facer un circo máis sostible. No apartado de exhibición aberta ao público programaranse en diferentes espazos de Santiago de Compostela seis pezas de modalidades de circo diversas, tanto galegas como internacionais.

A VIII Edición do D10! é posible grazas ao patrocinio de Xunta de Galicia e da Axencia Galega das Industrias Culturais; coa subvención do Ministerio de Cultura y Deporte e coa colaboración de CDG - Salón Teatro, Concello De Santiago, Cidade da Cultura de Galicia e La Grainierie de Toulousse.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI