A Cidade da Cultura será o escenario os vindeiros 3 e 4 de xuño das Xornadas de Calidade e Seguridade Asistencial, organizadas polo Servizo Galego de Saúde e a Sociedade Galega de Calidad Asistencial.
O lema do Congreso deste ano é Ética, valores e dereitos: compoñentes de calidade co que se resalta a necesidade de dar a coñecer, compartir e mellorar a calidade e seguridade dos nosos servizos e coidados, a través do fomento da ética na nosa atención, do coñecemento e preservación dos valores das nosas organizacións e, sobre todo, de potenciar o coñecemento e a mellora no aseguramento dos dereitos relacionados coa atención sanitaria dos pacientes e cidadáns.
Estas xornadas constitúen o punto anual de encontro dos profesionais do ámbito sanitario da nosa comunidade autónoma, para o coeñcemento e o intercambio das experiencias levadas a cabo, dos resultados acadados e da abordaxe de novos retos, na estratexia común de mellora da calidade e a seguridade asistencial.
Consulta o programa na área de descargas.
| 1.44 MB | ||
| 50.13 KB |























