VII Xornada de Informática Xudicial

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), coa  colaboración da Amtega, organiza a VII Xornada de Informática Xudicial que terá lugar o 4 de outubro na Cidade da Cultura, coa dirección técnica de Víctor Salgado.

A edición deste ano, convocada baixo o título Ciberseguridade, privacidade e intelixencia artificial, adopta o nome propio de #IURISTICGAL17, co que a organización quere singularizar este evento, xa moi consolidado no ámbito estatal, e situar a Galicia no liderado do debate sobre a necesaria complementariedade entre a informática e a xustiza.

Intervirán como relatores Alejandro Sánchez del Campo Redonet, regulatory counsel en Telefónica Digital; Ofelia Tejerina, avogada da Asociación de Internautas e membro do Grupo de Traballo sobre Dereitos Dixitais dos Cidadáns; Pilar Vila, perita informática en Forensic &Security; Juan Antonio Frago Amada, fiscal do Grupo de Delitos Económicos en A Coruña; Silvia Barrera, inspectora da Unidade de Investigación Tecnolóxica da Policía Nacional; e Eloy Velasco, maxistrado da Sala de Apelación da Audiencia Nacional.

O obxectivo de #IURISTICGAL17 é visibilizar as vantaxes da incorporación e uso das novas tecnoloxías no proceso xudicial, dotar de maior seguridade xurídica á nova realidade tecnolóxica e incrementar a efectividade e a eficiencia da administración xudicial co uso das novas ferramentas electrónicas e forenses avanzadas.

Máis información e inscricións en http://iuristicgal.cpetig.org             

 

 
 
 
jpg 1.47 MB
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027