VII Torneo Internacional de Bridge - Open de Galicia

A Cidade da Cultura de Galicia acolle os días 21 e 22 de setembro o VII Torneo Internacional de Bridge da AGB (Open de Galicia). Unha cita que conta cun importante prestixio e moi boa acollida entre os xogadores de bridge tanto de Galicia como foráneos.

Ata 90 parellas de xogadores demostrarán a súa habilidade ao longo de dúas xornadas e repartiranse máis de 4.500 euros en premios para as parellas mellor clasificadas por categorías. A participación no torneo será exclusiva para xogadores con licenza federativa actualizada, tanto nacionais como estranxeiros.

Haberá servizo gratuíto de autobús desde a Praza do Obradoiro á Cidade da Cultura para todas as persoas inscritas, con saída 45 minutos antes da hora de comezo da competición e volta ao rematar cada xornada do torneo.

As inscricións inclúen canon federativo, dereitos de arbitraxe e cea. Están abertas ata o 19 de setembro ás 22 horas.

Máis información na web da Asociación Galega de Bridge (AGB).

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h
Do 3 - 6 dec