O Instituto Galego do Viño celebrará o vindeiro día 20 de febreiro ás 19:30 horas a Gala de Entrega de Premios da VII Edición dos Premios Mágnum do Viño Galego na que se recoñecerán os traballos e profesionais máis destacados do sector do viño en Galicia no último ano.
Como novidade, nesta edición dos Premios Mágnum incorpórase un novo galardón: o Mágnum á Mellor Iniciativa de Enoturismo. «Este galardón vén recoñecer o mérito das mellores propostas encamiñadas a desenrolar o enorme potencial do enoturismo en Galicia», en palabras do director do INGAVI, Xoán Cannas. A maiores, este ano o número de nomeados en cada categoría tamén se modifica, pasando de catro a cinco, para dar cabida á gran cantidade de proxectos decalidade que están a xurdir no sector.
Nomeados
O xurado concede estes galardóns en sete categorías entre as que se atopa o Mágnum Honorífico que se lle concede a unha destacada personalidade pola súa contribución en prol do viño galego.
Na categoría de Mellor Viño Galego compiten:
- El Palomar 2014 (Zárate)
- Lousas Parcela Camiño Novo 2015 (Envínate)
- Caíño Finca Genoveva 2014 (Forjas del Salnés)
- O Soro 2014 (Rafael Palacios)
- Bastarda 2015 (Fedellos do Couto)
O premio ó Mellor Viño Revelación Galego (viños cun máximo de dúas colleitas no mercado) está entre:
- Finca Lobeiras 2014 (Sílice Viticultores)
- Castro Candaz La Vertical 2013 (Raúl Pérez y Rodrigo Méndez)
- Carralcoba Blanco 2015 (Eulogio Pomares)
- Merenzao 2014 (Fazenda Prádio)
- Xanledo 2015 (Viñedos do Gabián)
Pola súa banda, os aspirantes ao título de Mellor Adega Galega (entendida como colección de viños):
- Adegas Guímaro
- Nanclares y Prieto Viticultores
- Bodegas Albamar
- Bodegas Rafael Palacios
- Attis Bodegas y Viñedos
Ao recoñecemento á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego optan:
- Alma Vinos Únicos
- A Emoción dos Viños
- La Alacena Roja
- Come e Fala (RTVG)
- Cepas y Vinos
Á categoría que se estrea este ano, Mágnum á Mellor iniciativa de Enoturismo, optan:
- Os Xoves de Códax (Martín Códax)
- Adega Algueira
- Fazenda Prádio
- Casal de Armán
- Pazo Baión
O Mágnum ó Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego dispútase entre:
- Eduardo Camiña
- Xurxo Rivas (O Secreto)
- José Luis Aragunde (Ribeira De Fefiñáns)
- Elisabet Castro y Manuel Fernández (Mesón do Campo)
- Francisco Chao (Casa Chao)
En canto ao gañador do Mágnum Honórifico, este darase a coñecer na propia Gala de Entrega dos Premios.
O xurado dos Premios Mágnum está composto por recoñecidos sumilleres, profesores e alumnos do Instituto Galego do Viño. Son os seguintes: Ferrán Centelles, César Ruiz, Miguelanxo Besada, Adrián Guerra e Fernando Filgueira, Mario Barrio, Esther Daporta, Luis Díaz, Jose Martínez, Juanjo Figueroa, Elisabet Castro, Guillermo Cruz, Jorge Vila e Xoán Cannas.
Os premios estarán representados, un ano máis, por sete obras de arte; sete fermosas esculturas realizadas por Alejandra Sampedro que consisten nunha revisión da botella mágnum á que incorpora as crebas que arrastra o mar en torno ao faro Silleiro e que outorgan exclusividade a cada peza.
























