VII Carreira Camiño das Letras

Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, organiza o luns 17 de maio de 2021 a VII edición da Carreira Camiño das Letras. Constará dunha proba absoluta das categorías máster, sénior, sub23 e sub20 que sairá a partir das 10.00 horas desde as proximidades do Pico Sacro e seguirá un circuíto de 15 km, seguindo a Ruta da Prata, ata a Cidade da Cultura, onde percorrerá o Bosque de Galicia e a Praza Central.

Esta carreira, que quere unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago, adáptase este ano ás novas circunstancias provocadas pola pandemia da covid-19 e, para evitar grandes concentracións de persoas, non celebrará as habituais carreiras das categorías infantís. Ademais, a organización do evento establecerá todas as medidas e controis sanitarios para garantir que a carreira se desenvolve con todas as medidas de seguridade.

Todas as persoas participantes que se inscriban na proba recibirán como agasallo, no momento da recollida do dorsal, un libro e mais o diploma Camiño das Letras.

 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta