VI Premio Executivas de Galicia

O próximo 25 de marzo terá lugar a entrega do VI Premio Executivas de Galicia que esta asociación concede cada ano a personalidades, empresas, ou proxectos e iniciativas que poñan de relevo o liderado feminino, favorezan a conciliación e comprométanse coa igualdade de oportunidades e a paridade entre homes e mulleres.

O acto de entrega terá lugar ás 18:30 horas no Salón de Convencións da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Este ano o galardón recae na pianista e referente internacional Isabel Dobarro, co que se recoñece a prestixiosa traxectoria profesional dunha muller que se caracteriza polo seu esforzo, profesionalidade e talento. Destaca o seu traballo na recuperación de obras de compositoras que quedaron no esquecemento. Isabel Dobarro forma parte do directorio Referentes Galegas xunto a máis de 360 mulleres galegas destacadas nas súas respectivas áreas profesionais.

A pesar da súa mocidade, Isabel Dobarro, conta cunha ampla carreira profesional con numerosos proxectos e premios internaciones, está considerada unha das pianistas españolas con máis proxección internacional e recentemente foi nomeada “Muller a Seguir na Cultura do ano 2021” e visiting professor na London Performing Academy of Music en Londres (UK). Este periplo levouna a desenvolver a súa carreira como concertista nos Estados Unidos, España, Rusia, Bélxica, Arxentina, Italia e Portugal.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI