Preto de 70 actividades nas que se prevé a asistencia de máis de 50.000 persoas. Esta é a carta de presentación do Verán no Gaiás 2018, programación que vos temos argallada para esta época de estío e que celebraremos, a meirande parte dela, ao aire libre e en contacto cos espazos verdes do Gaiás.
As propostasque vos temos preparadas combinan cultura, lecer e natureza e van dirixidas a todo tipo de públicos tanto por tramos de idade —familiar, cativada, adolescentes...— como pola diversidade e variedade das mesmas. Deste xeito, non vos van faltar concertos ao aire libre, andainas, acampadas, astronomía, xincanas literarias, visitas comentadas ás exposicións á noitiña e moitas máis actividades vinculadas á arte e tamén nos espazos naturais, que é o que máis presta neses días de horas de luz sen fin da época estival!
PROGRAMA:
- Día da Música – Concerto SondeSeu. Arraianos. 22 de xuño, 21 h. Praza Central. Entrada de balde.
- Unha noite no Bosque. Acampada para a cativada. Todos os venres, do 29 de xuño ao 17 de agosto. Dende as 19 h ata as 12 h do día seguinte. Con entrada.
- III Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia. 1 de xullo. De 11 a 14.30 h e 16.30 a 20.30 h. Museo Centro Gaiás. Entrada de balde.
- Atardecer no Gaiás. 21 concertos ao aire libre ao caer o Sol. Praza Central. Ás 21h. De balde.
- Camiño ao Gaiás. Todos os xoves, do 5 de xullo ao 13 de setembro. Saídas diúrnas e nocturnas. De balde, con inscrición.
- Visitas Astronómicas. Todos os sábados, do 7 de xullo ao 15 de setembro (excepto 28 de xullo e 25 de agosto). Domingo 12 de agosto para ver as Perseidas. De balde, con inscrición.
- Cidade Imaxinaria. Espectáculos, xogos e obradoiros familiares ao redor do mundo do circo. 25 de agosto. De 16 a 20 h. Praza Central. Entrada de balde.
- Encontro de Artistas Novos. Residencia de creadores emerxentes. Do 26 ao 30 de agosto. Museo Gaiás.
- As Nocturnas. Visitas comentadas e distendidas ás exposicións do Museo Gaiás, con música e petiscos. 24 e 31 de agosto | 7 e 14 de setembro. 21 horas. Con entrada.
- Xincanas literarias ao redor de Otero Pedrayo. 8 e 29 de setembro. Exteriores da Biblioteca de Galicia. De balde, con inscrición.
- XV Romaría Coral Galega. 16 de setembro Praza Central, 19 h. Entrada libre.
- Concerto de Emilio Rúa. 21 de setembro, 21 h. Museo Centro Gaiás.
- Visitas comentadas as exposicións Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación e Baldomero Pestana, a verdade entre as mans. De balde, sen inscrición.
- Visitas comentadas á Reb/veladas na paisaxe. Intervencións artísticas no espazos naturais da Cidade da Cultura. De balde, sen inscrición.
- Visitas arquitectónicas á Cidade da Cultura. De balde, sen inscrición.
- Betula Pendula. Instalación paisaxística nas Torres Hejduk ata o 19 de agosto. De balde.
- Arquivo aberto da Memoria Arquitectónica. Intervención artística nas Torres Hejduk. Do 30 agosto ao 26 de Novembro de 2018. De balde.
