As Nocturnas 2018

Vivir unhas noites de venres diferentes e no Museo Gaiás. Sesión DJ, aperitivo e viño para gozar dunha experiencia distinta con visitas comentadas as exposición Baldomero Pestana, a verdade entre as mans (24 e 31 de agosto) e Galicia Universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación (7 e 14 de setembro).

Unhas noitiñas de verán distendidas que combinan arte e conversas pausadas con boa música e petiscos variados.