Camiño ao Gaiás 2018

Unha nova forma de achegarvos ao Gaiás e á propia cidade de Santiago de Compostela. Deste xeito, ofrecémosvos novas rutas para chegar a pé ao complexo deseñado por Peter Eisenman, poñendo en valor a fermosa contorna natural e patrimonial que leva ata a Cidade da Cultura, permitindo descubrir algunhas das xoias arquitectónicas de Compostela, xa que se parte do centro histórico.

Unha vez chegados/as á Cidade da Cultura, todas as persoas que o desexedes, podedes redondear a actividade escoitando a boa música ou incluso bailando, na Praza Central do Gaiás, as suxestivas propostas dos concertos da nova edición de Atardecer no Gaiás, ciclo de concertos ao aire libre todos os xoves, venres e sábados de xullo e agosto.

Nesta edición contades de novo coa ruta nocturna desde o Punto On da Cidade da Cultura ás 22.30 horas, unha vez que espertedes eo ánimo cos ritmos de Atardecer no Gaiás.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h