Neste 2015, FrutoDS cumpre dez anos. Unha década na que o que foi o primeiro estudo de deseño de produto en Galicia acumulou unha ampla experiencia que lle levou a colaborar con empresas moi diversas: de Finsa a R, Televés ou o Clúster de la Madera de Galicia; e a recibir o Premio Innovación AJE 2013 e primeiro premio nos A’Design Award 2013 polo seu colector Big.Bin. Este venres emprendedor, Alberto Rodríguez, enxeñeiro técnico en Deseño Industrial e director de proxectos de Fruto DS, contaranos a súa experiencia á fronte dunha firma que sempre busca que o deseño se convirta nunha ferramenta competitiva para empresa.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH
