“Creo na creatividade como mellor ferramenta para diferenciarse da competencia e conseguir resultados”. Así o pensa Jaime Conde, que desde hai 20 anos goza e loita no mundo da publicidade a través da axencia que dirixe: Quattro IDCP. Considerada unha das corenta mellores axencias de España pola revista El Publicista, Quattro IDCP traballa para todo tipo de empresas. Os traballos con máis proxección son os de R pero na súa carteira de clientes atopamos firmas como Feiraco, o Concello da Coruña, La Voz de Galicia, Novagalicia, Banco Pastor, Bosch, San Luis, Halcón Viajes, Ence, Fundación Barrié, Xunta de Galicia…
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH
