Óscar Santomé Diseño

“A prioridade non é facer locais “fermosos”, senón crear imaxe de marca e poñer en marcha negocios con éxito”. Esta é a carta de presentación de Óscar Santomé, deseñador de interiores con máis de dezaseis anos de experiencia. Desde hai cinco, puxo en marcha o seu propio estudo especializado en Contract, Óscar Santomé Diseño, no que une unha idea clara cunha paixón irrenunciable: o deseño e a creatividade como bandeira. Óscar Santomé ten un estilo propio, basado na orde espacial e a proporción xeométrica, que se axusta ás necesidades de cada cliente, creando espazos orixinais e funcionais.