Rei Zentolo

A historia comeza en 2003, cando tres mozos galegos recén licenciados crean unha primeira liña de camisetas con deseños que mesturan cultura popular de Galicia coa estética do pop art anglosaxón e a cultura popular global. A idea: facer arte nun formato asequible que chegara a todo tipo de público, cun estilo sempre divertido e cargado de ironía. Unha década despois, os deseños de Rei Zentolo son recoñecibles en toda Galicia, contan son seis tendas propias e están presentes nun cento de tendas multimarca en toda España e online. A súa filosofía: Galeguidade, Creatividade, Universalidade.