Unidades Mixtas de Investigación: balance do programa e novidades

No ano 2014 a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, puxo en marcha o programa de Unidades Mixtas de Investigación, un novo instrumento que tiña como propósito desenvolver a I+D colaborativa en áreas estratéxicas da economía galega, orientado a desenvolver proxectos de alto impacto intensivos en coñecemento entre unha empresa e un centro de coñecemento.

Dende entón, tense apoiado a posta en marcha e consolidación de 46 unidades mixtas de investigación, cunha mobilización de investimento público-privado de 130 millóns de euros. Ademais, este instrumento ten contribuído á creación de emprego cualificado, a impulsar a transferencia dos resultados da I+D ao tecido empresarial, atraer empresas foráneas líderes nos seus respectivos sectores, así como a desenvolver as capacidades dos organismos de investigación galegos en sectores punteiros.

A Axencia Galega de Innovación organiza un encontro o vindeiro 28 de febreiro de 12,30 a 14 horas na Cidade da Cultura para facer balance das Unidades Mixtas de Investigación postas en marcha ata o momento, así como para informar da nova convocatoria deste programa, na que se incluirá unha nova liña de apoio, que se sumará á de creación e consolidación, destinada ao establecemento de Centros Mixtos de Investigación que permitan evolucionar as unidades consolidadas.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027