Trainers for the future V

Trainers For The Future é o primeiro Congreso Nacional organizado por e para a comunidade de formadores en España, no ámbito da formación para o emprego, a formación continua ou a formación permanente. A primeira edición celebrouse en 2017 e dende entón repetiuse anualmente ata 2019. Logo dun descando en 2020 o evento regresou en 2021 cunha periodicidade bienal.

A edición de 2023 celébrase no Edificio CINC da Cidade da Cultura os días 10 e 11 de novembro. As entradas para o evento, así como o programa completo das xornadas están dispoñibles na súa web

Trátase dun evento que serve como punto de encontro dos formadores, para coñecer as últimas novidades do sector da formación que lles afectan, para crear novas relacións con outros formadores e entidades formativas, para coñecer o futuro da formación na que son partícipes... para, en definitiva, estar actualizado e conectado co mundo da formación para o emprego e a súa evolución.

O Congreso conta con espazos expositivos permanentes, ponencias impartidas por expertos con ampla experiencia a nivel nacional, foros, obradoiros e actividades complementarias que axudan a mellorar o coñecemento dos formadores e entidades de formación asistentes, ampliar as súas redes de contacto e potenciar a imaxe como profesional e/ou empresa.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada