No marco da 2ª Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia-Norte de Portugal terá lugar o obradoiro “Todo está nos libros, tamén a ciencia”, da man de Patricia Quintas Pérez, Ignacio González-Puelles de Antonio e Isabel Gutierrez Díaz, integrantes da Unidade de Cultura Científica (UCC) da Delegación do CSIF en Galicia.
Sabías que nas bibliotecas moitos mundos son posibles? Probaches a facer un obradoiro a partir dun libro de divulgación científica? Nesta actividade facilitaranse ferramentas para traballar os libros de divulgación científica ilustrados e extraer a ciencia que se agocha neles. As persoas participantes atoparán inspiración para extraer os conceptos científicos e ideas principais dos libros como paso previo para deseñar unha experiencia práctica. Esta experiencia ben pode ser un obradoiro de ciencia, un espectáculo, un xogo, un debuxo, entre outros, utilizando materiais sinxelos e económicos. Actividades grupais e participativas en espazos de encontro como as bibliotecas, nas que moitas historias e novos horizontes, como nos libros, son posibles, poden axudar a promover no público infantil e xuvenil o pracer e hábito pola lectura.




























