A miúdo queremos ter ideas revolucionarias que nos diferencien dos demais. E o certo é que a maioría das veces, o único que precisamos é mellorar ou estender o valor do noso produto ou servizo, xerando solucións que incrementen as súas cualidades.
Poñer no foco da súa atención ao cliente ou usuario e a súa diferencia cultural, os seus valores, desexos e frustracións, pode ser a clave para xerar cambios de grande impacto na nosa organización, empresa ou proxecto.
Durante dúas tardes, OffMuseum pon en marcha o Taller práctico de iniciación social, no que se crearán equipos de aprendizaxe multidisciplinar, practicaranse métodos e ferramentas creativas e do Deseño Centrado en Persoas e deseñaranse prototipos para poñer en práctica as nosas ideas.
























