Taller de Marketing Online e Offline

Non importa se estás a iniciar un novo proxecto ou se xa leva varios anos. Dá o mesmo se es freelance, PEME ou unha gran corporación. O marketing é a ferramenta que une todas as pezas do teu proxecto. Axúdache a:

  • Planificar obxectivos e accións para acadalos
  • Comunicar e conectar co teu cliente e asociados clave (aliados, provedores, colaboradores, empregados…)
  • Fidelizar e crear unha identidade propia que te faga recoñecible entre os demais 
  • Crear novos servizos e produtos para seguir desenvolvendo o teu proxecto e que este non se estanque (e desapareza).

Por todo iso, nesta charla formativa dirixida a emprendedores do sector cultural e creativo tocaranse os seguintes temas:

  • Termos básicos sobre marketing xeral
  • Termos básicos sobre marketing online
  • Obxectivos SMART
  • Métricas e KPIs
  • SEO / SEM / SMO
  • Buscadores (Google), como funciona e como sacarlle partido
  • Redes sociais
  • eMail marketing
  • Marketing de afiliados – influencers
  • Landing pages (páginas de aterraxe)
  • Vídeos promocionais
  • Introdución ao copywriting – Escribir con obxectivos en mente
  • Storytelling, facer os teus contidos memorables e comprensibles
  • Inbound marketing
  • Ciclo de refinamento do embudo de conversión: crear – probar – medir -analizar – crear – probar […]
O relator da sesión será Esteban Grandal Ocaña, técnico especialista en Informática de Xestión e Grado en Psicoloxía, o que lle confire un perfil orientado ao coñecemento do comportamento do usuario/a de redes sociais. Conta con máis de 20 anos de experiencia en programación e desenvolvemento de actividades formativas en diferentes empresas.
 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h