Taller 20. Patriarcado e estrutura social: Repercusións a nivel laboral

Formación de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre como condiciona o sistema patriarcal as formas de vida e a visión que teñen os individuos da realidade social, así como entender a importancia da dimensión laboral no cambio cara unha maior igualdade e unha real democracia paritaria e compartida.

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que será restrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 20 de setembro de 2023 en horario de tarde (de 16:00 a 18:00 h) no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Estrutura e desenvolvemento

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

  • 16:00 – 16:10 h Presentación da xornada. Representante da Xunta de Galicia
  • 16:10 – 17:40 h Patriarcado e estrutura social: Repercusións a nivel laboral. Jorge García Marín. Profesor de socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela
  • 17:40– 18:00 h Debate

Para obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, as persoas participantes deberán responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

O prazo de inscrición finaliza o 19 de setembro de 2023 ás 23:59 horas. Prazas limitadas. Enlace de INSCRICIÓN.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta