Serán'03 | 'Pandeireteiras de Mens: De cando a oralidade invisible pasou a visible'. Conferencia de Beatriz Busto Miramontes

A pandeireta é un dos instrumentos esenciais do noso folclore, pero non sempre foi así no noso pasado recente. Ao longo do século XX, as modas foron mudando e aparecendo os salóns de baile e as bandas de música. Isto unido á Guerra Civil, fixeron que as pandeiretas pouco a pouco foran quedando colgadas nas paredes das casas e que só se tocaran en algún acontecemento familiar.

A nivel escénico perviviu só no seo dos grupos folclóricos como instrumento de acompañamento aos gaiteiros, é ás voces no caso dos Coros Históricos de Galicia. Pero en 1972 aparecen en escena as Pandeireteiras de Mens, do Concello de Malpica de Bergantiños, que acompañarían nas súas actuacións ao Grupo Aturuxo de A Coruña e a partir de entón, o rumbo da nosa música tradicional cambiaría para sempre. Nesta conferencia afondaremos na súa historia con Beatriz Busto Miramontes, doutora en Antropoloxía Social e Cultural pola Universidade Autónoma de Madrid cunha tese doutoral que se inscribe no universo teórico da Etnomusicoloxía: "La Galicia proyectada por NO-DO. La arquitectura del estereotipo cultural a partir del uso del folclore musical (1943-1981)” baixo a dirección do antropólogo Dr. Juan Carlos Gimeno Martín.

Beatriz Busto Miramontes

O seu percorrido investigador céntrase na construción cultural de Galicia a partir do uso do folclore durante a ditadura franquista dende as perspectivas teóricas de la Antropoloxía Social e Cultural e da Etnomusicoloxía, facendo especial fincapé no estudo da cultura folclorizada así como na construción do estereotipo como estratexia discursiva de dominación simbólica e do impacto que esa narrativa ten tido nos procesos identitarios e de autoafirmación da sociedade galega contemporánea. É autora do libro “Um pais a la gallega. Galiza no NO-DO franquista” publicado por Através Editora en febreiro de 2021 no que percorre as principais conclusións da súa pesquisa doutoral.

É membro Investigador da Rede Galabra, con sede na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, e do Proxecto I+D+I "Narrativas, usos e consumos de visitantes como aliados ou ameazas para o benestar da comunidade local: o caso de Santiago de Compostela" no que a Rede Galabra estuda, dende un enfoque transdisciplinar, o impacto do Camiño de Santiago nas comunidades locais que se ven afectadas por el.

É profesora na Área de Antropoloxía Social e Cultural na Facultade de Filosofía, Universidade de Santiago de Compostela así como tamén pedagoga musical na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela da que é parte do Equipo Directivo.

Ten sido docente en diversas institucións educativas nos últimos doce anos polo lo que ten unha dilatada e diversificada experiencia pedagóxica e didáctica. A conciliación da súa vida docente e investigadora, así como das diversas especialidades nas que está formada academicamente, proporciónanlle perspectivas teóricas diversas e interesantes dende as que exerce unha actividade profesional transdisciplinar e multifactorial.

 
 
8 Set 2022 - 21 Xuñ 2023
10.00 h | 12.00 h | 12.30 h | 13.00 h | 16.00 h
Ata 26 Mar 2023
16 a 20 h | Sáb-Dom e festivos tamén de 11 a 14.30 h
21 Out 2022 - 17 Abr 2023
21 Out 2022 - 16 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Nov 2022 — 9 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Nov 2022 - 9 Abr 2023
De Nov 2022 a Mai 2023
De 9.00 a 21.00 horas
De balde
Sábados, domingos, festivos e Semana Santa
28 - 21 Ago 2023
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 26 MAI
7 Mar - 11 Xuñ 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Mar - Set 2023
De 9.00 a 21.00 horas
22 Mar - 6 Ago 2023
De luns a domingo | De 10 a 20 h
25 Mar 2023
De 17.00 a 18.00 horas
27 Xuñ 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h