Serán'03 | Masterclass 'Pandeireta Asturiana'. Con Pau Santirso

Na masterclass 'Pandeireta Asturiana' Pau Santirso abordará os trazos e a técnica deste instrumento dende a visión dun artista do folclore galego nado en Asturias. Con máis de vinte anos de experiencia e tras formar parte de diversas agrupacións tradicionais, Pau Santirso entra en 2004 a dirixir o Grupo de Baile Tradicional Xeitu e dende o 2015 tamén o Grupo Nocéu de Trubia. Con diversos galardóns ás súas costas, Santirso conxuga o baile coa pandeireta, sendo compoñente de Cantaruxare, o primeiro grupo de pandeireteiros de Asturias. Na súa traxectoria destacan así mesmo colaboracións con artistas de renome como José Ángel Hevia e Rodrigo Cuevas.

As masterclasses do Serán'03 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de pandeireta, percusión e técnica vocal e están impartidas polo profesorado máis destacado do momento: Fransy González, Pau Santirso, María Xosé Martínez, Belén Mato, Vanesa Muela, Carmen Rey ou Livia Giaffreda. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
23 Abril 2024
De 9.00 a 21.00 horas
3 - 5 Mai 2024
1 - 13 Xul 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h