Serán'03 | Masterclass 'Os toques de pandeireta en León'. Con Gabriel González Villalba

Gabriel González Villalba conducirá a masterclass 'Os toques de pandeireta en León', centrada nos aspectos carasterísticos deste instrumento na música tradicional da rexión. Gómez Vilalba é profesor de percusión tradicional na Escola de Formación Tradicional do Concello de León. Dende alí impulsa a creación do grupo Seronda, que xorde do interese na cultura leonesa por parte do seu alumnado. O obxectivo do grupo é amosar ao público as diferentes variedades e pezas para pandeiro e pandeireta da provincia de León. Como agrupación participaron en diversas mostras de folclore, actuando en festivais de Galicia, Asturias ou Zamora.

As masterclasses do Serán'03 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de pandeireta, percusión e técnica vocal e están impartidas polo profesorado máis destacado do momento: Fransy González, Pau Santirso, María Xosé Martínez, Belén Mato, Vanesa Muela, Carmen Rey ou Livia Giaffreda. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta