Serán'03 | Masterclass 'O Maneo'. Con Belén Mato

A mastercass 'O Maneo', de percusión e voz, correrá a cargo da pandeireteira Belén Mato. A súa traxectoria profesional no ámbito do folclore galego comeza no ano 1978, como socia fundadora da Asociación Cultural Xacarandaina, formando parte durante máis de 35 anos do primeiro grupo de pandeireteiras creado en Galicia. Actualmente imparte clases en diversas asociacións, concellos e entidades, entre as que atopamos a A. C. Xacarandaina ou a Escola Municipal de Folclore do Concello de Betanzos. Tamén destaca o seu labor no eido da investigación, traballando na recuperación do noso patrimonio inmaterial e na creación dun corpus musical inédito.

As masterclasses do Serán'03 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de pandeireta, percusión e técnica vocal e están impartidas polo profesorado máis destacado do momento: Fransy González, Pau Santirso, María Xosé Martínez, Belén Mato, Vanesa Muela, Carmen Rey ou Livia Giaffreda. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h