Serán'03 | Masterclass 'A Muiñeira en Bergantiños'. Con Fransy González

A masterclass 'A Muiñeira en Bergantiños', a cargo de Fransy González, adéntranos nos trazos desta danza popular galega nesta comarca da provincia de A Coruña. Fransy González eríxese como unha das voces máis relevantes da música tradicional da nosa terra. A súa carreira musical discorre paralela á labor de transmisión e conservación cultural que leva a cabo dende a asociación Xiradela. Dende moi nova realiza tarefas de investigación e recompilación de cantos de raíz, en contacto directo coas mulleres que conservaron as coplas en Galicia dende a transmisión oral. Como pandeireteira colaborou con artistas de renome como Carlos Núñez, Dulce Pontes ou Erik Marchand.

As masterclasses do Serán'03 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de pandeireta, percusión e técnica vocal e están impartidas polo profesorado máis destacado do momento: Fransy González, Pau Santirso, María Xosé Martínez, Belén Mato, Vanesa Muela, Carmen Rey ou Livia Giaffreda. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h