Serán'03 | Desfile do traxe tradicional "Da vila e da aldea"

O espectáculo Da vila e da aldea consistirá nunha pasarela de 30 traxes tradicionais, todos eles antigos ou fieis reproducións de orixinais, que levarán aos asistentes á Galicia do século XIX. Coa selección de traxes que conforman este desfile quérese reflectir as diferenzas que había no vestiario entre as diferentes clases sociais, con traxes de decotío ou faena para as labores cotiás da xente da aldea; traxes domingueiros ou de ir á vila usados nos días especiais pola xente da aldea; e tamén traxes de garda ou cerimonia, os das clases máis acomodadas da vila, usados para os días de voda e similares. Destacan nos traxes de cerimonia da vila a mostra de parte da gran colección de panos de Manila antigos cos que conta a Asociación Etnográfica Sete Espadelas.

Asociación Etnográfica Sete Espadelas

A Asociación Etnográfica Sete Espadelas xorde en Pontevedra, froito de reunir dúas coleccións privadas de indumentaria tradicional. O seu obxectivo é o estudo, conservación, divulgación e reprodución do traxe tradicional galego.

Nos seus fondos conta con máis de 90 traxes, todos eles antigos ou fieis reproducións deles, que suman máis de 1000 pezas. Así mesmo, conta no seu haber con más de 28 premios no Día do Enxalzamento do Traxe de Santiago e 11 premios de Investigación Antón Fraguas.

No ano 2019 realiza con gran éxito a exposición Galicia, a terra dos mil panos no Museo de Pontevedra, con máis de 11000 visitantes nun mes.

 
 
8 Set 2022 - 21 Xuñ 2023
10.00 h | 12.00 h | 12.30 h | 13.00 h | 16.00 h
21 Out 2022 - 17 Abr 2023
21 Out 2022 - 16 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Nov 2022 — 9 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Nov 2022 - 9 Abr 2023
De Nov 2022 a Mai 2023
De 9.00 a 21.00 horas
Inverno 2023
Sábados, domingos e festivos | 11.30 e 13.00 h
27 Set - 18 Dec de 2022
De 10.00 a 20.00 horas
4 Feb 2023
De 10:00 a 12.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Feb 2023
De 17.00 a 18.30 horas
7 Mar - 11 Xuñ 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
27 Xuñ 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h