Seminario de Creatividade e Interiorismo: Luces e sombras

No marco do programa de actividades 'Compostela móvese', Cersia Empresa pon en marcha un novo seminario para formar a emprendedores, neste caso no ámbito da creatividade.

Programa

Creatividade | 10.00 – 14.00 horas. Imparte: Modesto Gómez.

O mundo é daqueles que son capaces de afrontar os problemas achegando solucións diferentes. Neste seminario ensinámosche como dar con elas. Racionalismo, control da emotividade, lóxica, pensamento lateral e mapeado de novos océanos azuis son algunhas das claves de referencia para todo creativo que se prece. Durante catro horas faremos múltiples exercicios para exercitar a túa creatividade. Atréveste a pensar diferente?

Interiorismo | 16.30 – 19.30 horas. Imparte: Fernández Sanmartín, deseñador de interiores.

Din os expertos que ao cultivar o gusto pola ambientación espacial, a capacidade dos nosos hemisferios cerebrais aumenta, mellorando as súas aptitudes e o seu equilibrio. Durante as tres horas da tarde procuraremos facer saír do teu interior a ese interiorista que levas dentro, ensinándoche a afiar a túa agudeza mental. Estás preparado para recompoñer as túas habilidades espaciais?

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
9 — 25 Out 2026
De luns a domingo | De 10 a 20 h
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h
Do 23 - 26 nov