Seminar Day: Pensamento poscolonial e movementos sociais

O CISPAC organiza unha nova edición dos Seminar Day o 19 de febreiro. Nesta ocasión, as temáticas do encontro xirarán en torno ao pensamento poscolonial e os movementos sociais.

Contarase coa participación de Burghard Baltrusch (BiFeGa-UVigo), coa ponencia “Pensamento decolonial e práctica artística e artivista na actualidade”. Segue o investigador Carlos Benítez Trinidad (BRASILHIL-USAL), coa intervención “La construcción del imaginario del Movimiento Indígena Brasileño (1974-1977)”. Carlos Diz (ESOMI-UDC) falará no seu turno das “Paisaxes activas de mobilización: temporalidades múltiples e futuros incertos”. Pechará o turno de exposicións Andrea Souto García (ESOMI-UDC) coa ponencia que leva por título “Cruzando as fronteiras políticas/etnosexuais: a migración de mulleres latinoamericanas como movemento decolonial” e un turno de debate.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta