O CPETIG, en colaboración coa AMTEGA, organiza este curso de Seguridade TI nas organizacións cunha duración de 20 horas.
Finalizada a acción formativa os asistentes terán adquirido os coñecementos e capacidades necesarias para a xestión e administración da seguridade segundo os modelos de ameazas actuais. Disporá das habilidades para configurar de xeito seguro os sistemas operativos, así como as aplicacións, servizos e tecnoloxías que son empregadas en redes corporativas.
Poderá a través dos coñecementos adquiridos realizar a implementación segura da protección necesaria nunha organización, protexendo os datos e infraestruturas manexados en cada unha das súas capas. Coñecerá os mecanismos para evitar a fuga da información, así como a implementación das medidas para garantir a trazabilidade da actividade.
Ademáis, o curso proporcionará os coñecementos necesarios para saber actuar ante un incidente de seguridade en activos TI dende o punto de vista legal e procidemental para axudar na investigación tecnolóxica por parte das autoridades competentes e previlos nun futuro.
Destinatarios
Os destinatarios principais son os enxeñeiros técnicos e enxeñeiros en informática ou estudantes de grao/master en enxeñaría informática.
Os asistentes deberán acudir ao curso provistos dun ordenador portátil.
























