O Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, Cpetig, en colaboración coa Amtega, organiza o sábado día 15 de outubro na Biblioteca da Cidade da Cultura un taller práctico dirixido a escolares de 7 a 15 anos, para aprender a programar videoxogos con Scratch, unha sesión na que deben asistir acompañados polas súas nais ou pais.
A implicación e a concienciación das familias nesta actividade servirá de apoio para que a rapazada se sinta atraída cara a programación informática, de xeito que esta sesión, didáctica e divertida, sexa o principio dun labor a seguir no fogar.
Para asistir, non se precisa ter coñecementos previos de programación ou Scratch. Somentes é necesario ter ganas de aprender e levar un portátil. Non serven tablets ou smartphones.
























