A revolución dos pequenos satélites: Coñece o estándar CubeSat

A asociación UVigo SpaceLab imparte o 5 de outubro no GaiásTech un breve curso de introdución ao estándar CubeSat, empregado cada vez máis nas misións espaciais. A xornada desenvolverase tanto de maneira presencial na Cidade da Cultura como con retransmisión por streaming.

Aprenderás sobre teoría orbital básica, terminoloxía e os diferentes subsistemas dun satélite, xunto cos retos e beneficios de levalo a órbita e operalo desde terra.

Programa

  • Sistemas espaciais (motivación, vantaxes e desvantaxes, ...)
  • Retos dun sistema espacial (condicións, materiais, órbitas, ...)
  • Estándar Cubesat (orixe, formato, requisitos, ...)
  • Subsistemas dun Cubesat (EPS, TTC, OBDH, ADCS, ...)

A asociación UVigo SpaceLab é un equipo de estudantes da Universidade de Vigo que se dedica ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites. Buscan poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos durante a carreira a través do desenvolvemento de proxectos e misións espaciais a nivel nacional e internacional. Na actualidade, traballan na súa misión BIXO, un CubeSat 2 U que estudará como lle afecta a unha poboación bacteriana a exposición prolongada ao ambiente espacial.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h