A revolución da Intelixencia Artificial na medicina actual

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan a conferencia "A revolución da Intelixencia Artificial na medicina actual", que forma parte do programa de transferencia de coñecemento sobre novas tendencias tecnolóxicas dentro do convenio de colaboración asinado ente ambas entidades.

O relatorio terá lugar o próximo na Sala Eisenman da Cidade da Cultura ás 11.30 da mañá e será impartida polo catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade Pública de Navarra e profesor honorario da University of Nottingham (Reino Unido), Humberto Bustince. Responsable e fundador do grupo de investigación da UPNA sobre Intelixencia artificial e Razoamento Aproximado ( GIARA), Bustince é autor de máis de 250 artigos científicos e foi recoñecido este ano co Premio Nacional de Informática.

No evento presentarase o efecto que a Ciencia dos Datos e o Big Data están a ter na medicina e analizarase o novo concepto de medicina personalizada, ou de precisión, á que están dando orixe. Ademais, Humberto Bustince detallará proxectos que xa foron realizados e algunhas liñas futuras, sen esquecer as súas implicacións éticas e técnicas.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h