O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reunirase cos decanos das facultades de Ciencias da Educación de Galicia para avanzar na elaboración do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.
O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica procura mudar o deseño e intervención nos centros escolares, contemplando os retos educativos do futuro que, ademais das necesidades académicas, inclúen tamén as sanitarias e as tecnolóxicas. O Plan foi aprobado polo Consello da Xunta, para continuar agora cunha rolda de contactos para enriquecer o documento final de xeito que se converta na folla de ruta para o deseño dos novos colexios e institutos na etapa poscovid, onde a arquitectura teña unha orientación educativa.
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h























