Queen Symphony - Banda Artística de Merza

A estrea en Galicia da Queen Symphony por parte da Banda Artística de Merza vaiche permitir escoitar os temas míticos da banda británica como nunca antes o tiñas feito. Unha oportunidade para gozar dun xeito totalmente diferente esas cancións que che teñen acompañado nalgún momento da túa vida, nas voces do coro Gli Appassionati.

En total, 170 persoas —entre instrumentistas e voces— na Praza Central do Gaiás interpretar dun xeito melódico e sinfónico os grandes éxitos da formación liderada polo carísmático Fredy Mercury.

DIRECTOR: David Fiúza Souto

SOLISTAS

Piano: Javier Ares Espiño
Violín: David García
Violoncello: Carme Tubio
Voz: Nuria Lorenzo Lopez 

 

Co gallo do programa de celebración dos seus 190 anos, a Banda Artística de Merza  propúxose estrear na Cidade da Cultura e, en concreto, no ciclo Atardecer no Gaiás esta obra sinfónica do londinense Tolga Kashif que, en 2001, recibiu o encargo de EMI Classics para compoñer unha obra sinfónica baseada na música do mítico grupo, Queen. “The Queen Symphony” foi presentada en 2002 e recibiu a súa estrea mundial no Royal Festival Hall coa Royal Philharmonic Orchestra dirixida polo compositor. Os membros de Queen Brian May e Roger Taylor asistiron á actuación, así como a nai de Freddie Mercury, Jer Bulsara. O CD foi un gran éxito, con regularidade nos clásicos Top 10 internacionais.

REPERTORIO

No Atardecer no Gaiás deste venres poderase gozar cos arranxos realizados en 2005 por Erik Somers. Así, na primeira parte, interpretaranse temas como Radio Gaga, Show must go on, One world, one vision, I was born to love you. Na segunda é a quenda do lírico Love of my life, que deu orixe a un concerto de piano que é invadido pola Another one bites the dust e Killer Queen como un dúo en forma de protesta. A continuación, nun diálogo entre o violín e o violoncello, interpretarase Who wants to live forever, que poñerá fin a este solpor tan especial do ciclo.

  • Preme aquí para facerte unha idea do que escoitarás neste diferente e sorprende Atardecer no Gaiás 


 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h