O Instituto Internacional de Derecho y Medio Ambiente (IIDMA) organiza, en colaboración coa Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, o foro Que territorios lideran a acción climática e enerxética en España?
O encontro conta cun dobre propósito: reforzar a acción climática municipal a través dunha gobernanza multinivel sólida entre comunidades autónomas e concellos; e conxugar a integración de renovables onshore e offshore coa protección da biodiversidade, o medio ambient e o territorio.
PROGRAMA
— 8:45 – 9:00 Recepción e acreditación de participantes.
— 9:00 – 9:20 Palabras de benvida.
- María Sagrario Pérez Castellanos, directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Xunta de Galicia.
- Alba Iranzo, IIDMA.
PARTE 1. GOBERNANZA CLIMÁTICA MULTINIVEL: Colaboración interadministrativa a nivel autonómico e municipal para alcanzar a neutralidade climática.
— 9.20 – 11.00 Que territorios lideran a acción climática municipal en España?. Modera: Alba Iranzo, IIDMA.
Galicia:
- Isaac Gómez Piñeiro, responsable da Oficina Técnica da Xunta de Galicia para o Pacto das Alcaldías e subdirector xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Xunta de Galicia.
- Xosé Crespo, alcalde do Concello de Lalín (Pontevedra).
País Vasco:
- Mari Mar Alonso, responsable de Acción Climática, Sociedade Pública de Xestión Ambiental (Ihobe), Departamento de Desenvolvemento Económico, Sostibilidade e Medio Ambiente, Goberno Basco.
- Andrés Alonso López, responsable do Servizo de Sostibilidade, Clima e Enerxía, Departamento de Modelo de Cidade, Urbanismo, Vivenda, Limpeza e Medio Ambiente de Victoria-Gasteiz.
Rexión de Murcia:
- Joaquín Gómez Gómez, director do Instituto de Fomento da Rexión de Murcia, Consellería de Economía, Facenda e Empresa, Goberno da Rexión de Murcia.
- María Hernández Benítez, responsable da concellería de Urbanismo, Medio Ambiente e Vivenda, Concello de Lorca.
— 11.00 – 11.20 Espazo para preguntas e debate aberto ao público. Intercambio de boas prácticas, sinerxías de actuación e oportunidades de colaboración.
— 11.20 – 12.00 Pausa café & petisco.
PARTE 2. INTEGRACIÓN DE RENOVABLES, BIODIVERSIDADE E TERRITORIO. Integración de renovables (on-shore e off-shore) como reto da descarbonización
Modera: IIDMA.
— 12.00 – 12.20 Presentación do Informe de IIDMA: A enerxía renovable offshore: unha análise xurídica. Marta Vicioso, avogada ambiental IIDMA.
— 12.20 – 12.35 Espazo para preguntas.
— 12.35 – 14.00 Mesa de debate: Como se está integrando a biodiversidade e o territorio no despregamento de renovables onshore e offshore en España? Modera: Ana Barreira, IIDMA.
- Estado español: (por determinar), Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), Vicepresidencia Terceira do Goberno, Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD) (pendente de confirmación)
- Illas Canarias: Julieta Cristina Schallenberg Rodríguez, Viceconselleira de Transición Ecolóxica e Loita contra o Cambio Climático e Enerxía, Consellería de Transición Ecolóxica e Enerxía, Goberno das Illas Canarias, e membro do Grupo de Investigación en Enerxías Renovables (GRRES) da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria (ULPGC) (pendente de confirmación).
- Galicia: Juan Rodríguez, director de Enerxía do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e coordinador técnico do Observatorio da Eólica Mariña de Galicia, Consellería de Economía, Industria e Innovación, Xunta de Galicia.
— 13.00 – 13.30 Espazo de debate aberto ao público. Intercambio de boas prácticas e proposta de solucións.
— 13.30 – 15.00 Conclusións e clausura.
- Ángeles Vázquez Mejuto, vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
- Ana Barreira, directora IIDMA.

























