Prresentación do ciclo musical Galicia Emerxe

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, presentará o ciclo musical Galicia Emerxe coincidindo co inicio das gravacións. A través deste ciclo, a Cidade da Cultura acollerá a gravación de 50 concertos de artistas e grupos musicais galegos, de moi diferentes estilos, que conformarán este programa de música ao vivo promovido pola Xunta de Galicia ao abeiro do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da covid-19. Podes consultar aquí a listaxe completa dos artistas seleccionados.

Os concertos, dunha media hora de duración, serán gravados no Museo Centro Gaiás. Cóntase ademais coa implicación no proxecto da CRTVG para emitir os concertos en diferentes episodios, que adaptarán o seu formato para seren emitidos tamén pola Radio Galega, así como en YouTube e en plataformas de música en streaming. Deste xeito contribuirase tamén á difusión do traballo dos artistas e bandas galegas a través de diversas canles audiovisuais.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada