Proxecto FORVALUE

A problemática dos incendios forestais e, en especial, os procesos territoriais aos que se asocian, é un desafío de primeira magnitude polo que a vontade de desenvolver proxectos conxuntos que contribúan de forma ambiciosa e innovadora a reducir a súa incidencia non é algo nin moito menos novo.

O proxecto xorde da cooperación previa e obxectivos coincidentes en materia de sustentabilidade territorial dunha parte dos beneficiarios do participado que desenvolveron a idea germinal do mesmo. De feito todos os socios cooperaran en certa medida con algún dos restantes, sexa a través de proxectos internacionais, nacionais ou rexionais.

A Consellería do Medio Rural (CMR), xunto coa Axencia de Calidade Agroalimentaria (AGACAL), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Instituto Politécnico de Viana dá Castelo (IPVC) e Forestis cooperaron xa en diversos proxectos do programa Interreg-A previos. E todas as demais han ou están actualmente colaborando con algunha das anteriores en materias relacionadas coa ordenación e xestión do territorio.

 

O obxectivo xeral de FORVALUE é aumentar a resiliencia do territorio fronte ao risco de incendios forestais nun contexto de cambio social e climático, a través de:

1. Promover modelos de xestión innovadores no Ecosistema Transfronteirizo xeradores de actividade económica a partir da biomasa producida polo territorio no espazo forestal.

2. Fomentar a implantación de fórmulas asociativas para a xestión da propiedade forestal na área de Cooperación e promover unha estratexia de intervención innovadora “conectada” internacionalmente.

3. Favorecer a coordinación transfronteiriza na planificación e xestión do espazo forestal en materia de valorización e resiliencia a través do uso de novas tecnoloxías.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h