Programa Go2Work (5ª edición)

CLASES PRESENCIAIS SUSPENDIDAS ATA NOVO AVISO

Regresa o Programa Go2Work, que chega xa á súa V edición, á Cidade da Cultura. Este espazo de coworking, impulsado pola EOI e o Igape coa colaboración do Centro de Emprendemento do Gaiás e a cofinanciación do Fondo Social Europeo, do Ministerio de Industria, Energía y Turismo e do Igape, está dirixido a emprendedores do sector das industrias culturais e tecnolóxicas cun proxecto empresarial nas primeiras fases do seu desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente (non máis de 6 meses antes da súa incorporación ao espazo coworking).

O programa Go2Work inclúe as seguintes actividades, pensadas para apoiar os 22 emprendedores e emprendedoras participantes no lanzamento dos seus proxectos.

Obradoiros

Asistencia de acceso libre (obrigatoria para os participantes do coworking). Nestes talleres os emprendedores e emprendedoras terán axuda para validar o seu modelo de negocio con metodoloxías áxiles, e para desenvolver aquelas habilidades imprescindibles para poñelo en marcha: “Lean Start Up: Avaliación e validación do teu plan de negocio”; “Crowfunding”, “Estratexias de comunicación en redes sociais”, “Creatividade e innovación“, “Como poñer en marcha un Plan de marketing digital”, etc.

Sesións de formación grupal

Dirixidas exclusivamente aos participantes do coworking e, polo tanto, de asistencia obrigatoria para os mesmos. Nelas traballaranse materias específicas para o impulso e lanzamento dos proxectos do espazo coworking: “Finanzas para emprendedores non financieiros”; “Habilidades de Comunicación”, “Xestión do Talento nun proxecto emprendedor: deseña o teu equipo”, etc.

Mentoría

Acceso por parte dos participantes do coworking a sesións de mentoría por parte de expertos centradas en acompañar os emprendedores e emprendedoras desde o deseño do modelo de negocio ata a posta en marcha e optimización do proxecto, dando resposta ás necesidades que poidan xurdir no camiño.

Eventos

Celebraranse diferentes actividades encamiñadas a potenciar o networking y compartir boas prácticas, contando coa experiencia de outros emprendores/expertos e empresarios. Asistencia de acceso libre.

Demo Day

Como peche da edición celebrarase un Demo Day durante o cal se presentarán os proxectos participantes no espazo coworking, a súa evolución e as posibilidades de colaboración entre os mesmos.

MÁIS INFORMACIÓN