Programa formativo AceleraTech 2021

A Amtega, da man do IESIDE, presenta a quinta edición do Programa de Inmersión Tecnolóxica para Pemes, unha iniciativa de difusión, sensibilización e formación orientado a que as pemes galegas e o seu persoal directivo coñezan algunhas das novas tecnoloxías máis relevantes, así como os beneficios e os condicionantes necesarios para a súa translación á estratexia, estrutura e modelos de negocio. Todo iso cunha perspectiva moi experiencial, mostrando casos concretos e próximos de éxito que actúen como elemento motivador.

O perfil obxectivo do programa compóñense de persoal xerente e directivo, e propietarias/vos de empresas. A súa efectividade depende fundamentalmente da asistencia de persoas con capacidade de decisión nolos seus negocios, que poidan impulsar e liderar nestes unha transformación tecnolóxica real. Para alcanzar os obxectivos propostos, preséntase un programa estruturado en 10 sesións formativas, de 4 horas de duración cada unha, e un taller práctico final de 8 horas de duración, nas que combinaremos dous tipos de ferramentas ou enfoques complementarios:

  • Fundamentos: da man de profesorado especialista, cada unha das sesións centrarase en mostrarlles ás persoas asistentes os conceptos e as ferramentas fundamentais dos avances tecnolóxicos obxecto do programa, as súas características, vantaxes e condicionantes, en función dos cales cada participante terá unha base obxectiva sobre a que analizar a idoneidade para a súa compañía.
  • Exemplos e experiencias: contaremos en cada sesión coa participación de persoal directivo de empresas que relatará a súa propia experiencia á hora de acometer a implantación tecnolóxica. Deste xeito, teremos unha visión máis próxima á realidade por parte das persoas asistentes.

Todas as sesións formativas desenvolveranse en horario de tarde (16:30 h a 20:30 h) salvo a sesión 11 que será en formato taller de día completo (10:00 h a 14:00 h e de 16:30 h a 20:30 h) nas instalacións do GaiásTech, no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h