A Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Industria e o Inega-Instituto Enerxético de Galicia, convoca o evento de presentación das súas respectivas consultas preliminares ao mercado asociadas aos proxectos de Compra Pública de Innovación (CPI) para os que proximamente solicitarán financiamento á liña de axudas FID 21-27 do Ministerio de Ciencia e Innovación.
Estes programas de CPI teñen como obxecto explorar as capacidades da colaboración público-privada para afrontar os retos do presente e do futuro, e deseñar as solucións innovadoras que permitan impulsar a transición cara a unha economía verde e sustentable, abrindo ao mercado retos tecnolóxicos que solventen as limitacións actuais do mercado en ámbitos tan relevantes como o H2Verde e as enerxías renovables mariñas.
O acto terá lugar o próximo día 12 de setembro ás 10.00 h. na Sala de Eventos do Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia. Ademais, terá formato híbrido e retransmitirase tamén en liña.
Inscricións neste ENLACE
























