Programa Cidade Imaxinaria 2023

Equilibristas, caixas máxicas, espectaculares acrobacias aéreas, curiosos monicreques, excéntricos personaxes, música, xogos e moito humor! Achégate a gozar en familia o sábado 9 de setembro dun mundo de fantasía no Gaiás. Unha CIDADE IMAXINARIA na que poderedes pasar unha xornada, de balde, chea de emocións, entretemento e bo ambiente. Velaquí tedes a programación, que conta con 5 espectáculos de pista en escenario fixo con distintos pases, 4 actuacións itinerantes que percorrerán o recinto e 8 propostas lúdicas de xogos e actividades.

 

  • A programación está suxeita a posibles cambios dependendo das condicións meteorolóxicas do día. Iremos informando de calquera variación (ubicación, horario...).
  • EL ONÍRICO INTERIOR concentrará todos os pases previstos para a TARDE. Problemas técnicos impiden os seu funcionamento esta mañá.
  • Os primeiros pases da tarde de JUMP CUT, H e TIME TO LOOP tiveron que ser suspendidos por mor da choiva. A intención é continuar co horario previsto nos segundos pases de todos os espectáculos a partir das 18.00H.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESPECTÁCULOS DE PISTA

H (La Corcoles – Cataluña) – Circo, funambulismo, danza

Espectáculo baseado na danza e a especialidade de circo de equilibrio sobre cable de funambulismo. Nesta proposta preséntase un funambulismo próximo e feminino, un valse a dous entre un personaxe e o seu elemento esencial, o balancier, que lle dá vida. Un baile de forzas que nos revela as debilidades e necesidades dos seus protagonistas para existir.

VER VÍDEO

 

JUMP CUT (Double Take Cinematic Circus – Bélxica) – Circo contemporáneo, acrobacias

Mesturando escenografía innovadora con acrobacia e cinematografía, o propio título fai referencia a unha técnica de edición en cine, o corte que divide unha secuencia. Eliminando todos os muros da intimidade a funcion convídanos a entrar no universo caprichoso de Summer e Raphael cunha perspectiva surrealista e acrobática sobre como pasan a vida xuntos. Unha experiencia cinematográfica ao redor dun guión e unha escenografía composta por un sofá xigante e un farol de rúa onde realizan acrobacias. VER VÍDEO

 

THE INCREDIBLE BOX (La Tal-Cataluña) – Circo, clown

Ao redor dun curioso artefacto a modo de caixa máxica, asistimos á historia dunha función que intenta pervivir  tras máis de 150 anos da súa estrea. Os seus excéntricos personaxes tentan manter a grandeza do show con algún vestiario, a escenografía e o espírito. Pero o tempo pasa, as cantantes perden a voz, os acróbatas os reflexos... e o talento artístico non se herda. Conseguirán conservar o espírito do circo intacto? Veremos ao home bala e outros números entre cambadelas, tropezos e trucos que saen mal...Non pararemos de rir!  VER VÍDEO

 

TIME TO LOOP (Duo Kaos – Italia) – Circo contemporáneo, acrobacias en bicicleta

O movemento, a elegancia e as acrobacias en bicicleta únense nunha engrenaxe perfecta para emocionarnos. Time to loop é unha historia de movemento e transformación, de construción e destrución, onde cada personaxe, á súa maneira, busca o apoio e o seu complemento para devolver o caos á harmonía. Estamos ante un xogo sincronizado onde o equilibrio é unha constante. VER VÍDEO

 

VOLOV (Col.lectiu TQM – Cataluña) – Acrobacias, música e danza

6 artistas, 2 músicos multi instrumentais, 4 acróbatas aéreos e bailaríns protagonizan un espectáculo que utiliza as linguaxes do circo, a música en directo e a danza, cunha potente proposta a nivel estético e acrobático, chea de dinamismo e poesía. As técnicas de circo son principalmente: o trapecio dobre, o corda voante e a corda lisa. A escena consta de cordas a diferentes alturas e colchóns utilizados para crear novas paisaxes. VoloV é un navío en constante movemento, a historia de dous viaxeiros que fuxen das continuas disputas que ocorren en Atenas. VER VÍDEO

ESPECTÁCULOS ITINERANTES

   

Animacreques (Catropés-Galicia) – Zancos, titiriteiros

A partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza xorde esta animación. Un xogo visual que permitie ao público participar e gozar da peculiar relación entre monicreque e titiriteira. Poesía, tenrura e xogo nunha animación de rúa tamaño xigante. VER VÍDEO

Tempus (Visitants Teatre – Valencia) – Teatro contemporáneo

Peza teatral na que catro persoas interpretan a catro arqueólogos chegados desde un espazo-tempo indeterminados á actualidade para capturar e interpretar mostras de fósiles do futuroDéixate levar pola curiosidade! VER VÍDEO

   

O estraño caso do dentista da rúa Brasov (Troula Animación-Galicia) – Teatro, maxia, clown

Un dentista da Europa do Leste, o doutor Krakmhu Elah, fai un percorrido co seu carromato buscando clientes para a súa consulta ambulante. Descubriremos o seu estraño pasado con xiros inesperados, maxia, clown e interacción co público. VER VÍDEO

Fanfarra Káustika (Káustika-Portugal) – Música, pasarrúas

Káustika é un colectivo de músicos de Portugal formado en 2007 e vinculados a bandas filharmónicas. Déixtate contaxiar polo seu ritmo e as  músicas enérxicas que deixarán no seus percorridos polo Gaiás moi boas viabracións. A troular! VER VÍDEO

XOGOS E ACTIVIDADES

La Caixeta (Holoqué-Cataluña)

Dúas bailarinas descansan enriba dunha caixiña de música xigante. Mergúllate nunha bonita historia de amor entre a música e a danza e ollo ao que pasa dentro e fóra da caixa (+5 anos). VÍDEO

El Onírico interior (Holoqué-Cataluña)

Hakan interactúa con monicreques holográficos e obxectos que toman vida nunha viaxe para recuperar a luz. Transcorre nunha cabana para 16 persoas (+5 anos).  VÍDEO

Enginys Eko-poètiks (KATAKRAK)

A creatividade, a reciclaxe e o xogo únense nesta proposta lúdica cunha colección de enxeñosos artefactos que terás que facer funcionar con distintas enerxías: dinamos, imáns. A partir de 7 anos. VÍDEO

Circus feria (Bambolea Producciones-Madrid)

Homenaxe ás antigas feiras de circo que viaxaban de pobo en pobo entretendo aos habitantes. Xogos de feira, talleres de circo, espectáculo circense e caravana “Deliciosa Corrala”. VÍDEO

Escoliña de circo (Pistacatro-Galicia)

A cativada poderá explorar o seus talentos circenses con esta escola de circo en familia na que poderán descubrir trucos e diversas habilidades.

Xogos tradicionais (Miudiño-Galicia)

Xogos tradicionais infantís. Espazo con monitores onde atoparemos entretementos clásicos como zancos, aros, a ferradura, tiracoios, construcións…

Exhibición de papaventos 

Espectáculo de exhibición estática (e posible acrobática) de papaventos realizado por profesionais (Torbellino y Ventolera, PGKites e Velaivai).

Espazo para bebés (Risotadas-Galicia)

Espazo de exploración para os máis cativos mediante a estimulación a través das cores, os sons e as texturas. Dirixido a bebés de 0 a 3 anos.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
Convocatoria aberta
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h