Presentación proxecto EDAR360

A Cidade da Cultura acolle o 18 de febreiro de 2022 a presentación do proxecto EDAR360, iniciativa posta en marcha por un consorcio de empresas e centros tecnolóxicos galegos co obxectivo de desenvolver solucións dixitais que permitan o control e a optimización dos procesos de depuración de augas residuais, favorecendo, deste xeito, a protección das masas de auga na nosa Comunidade.

A xornada, de asistencia gratuíta previa inscrición, desenvolverase no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia de 10 a 12 horas.

O proxecto EDAR360, conta cun orzamento total de 1.080.387,70 € e está liderado por Viaqua. Completan o consorcio, as empresas galegas de base tecnolóxica Syspro Automation S.L.U. e Ednon S.L. Este consorcio contará á súa vez coa colaboración dos centros de investigación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Cetaqua Galicia.

Este proxecto, enmarcado no programa Conecta Hubs 2021, está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación e cofinanciado con cargo a Fondos FEDER no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, ademais de recibir o apoio da Vicepresidencia Segunda e da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia.

As solucións innovadoras desenvolvidas no marco deste proxecto, serán validadas en diferentes instalacións operadas por Viaqua a fin de garantir a replicabilidad dos resultados obtidos.

EDAR360 alíñase cun dos grandes retos estratéxicos do sector da auga marcado polas directrices europeas, acometendo a súa modernización a través do desenvolvemento de solucións tecnolóxicas dixitais que garantan unha óptima xestión do saneamento.

Para asistir á presentación e coñecer máis sobre o proxecto EDAR360 podes inscribirte aquí.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI